venres, 13 de novembro de 2015

INFORMACION VIRTUAL

 En formato libre desenrola os seguintes contidos buscando a información na rede e ilustra cada concepto cun vídeo da rede (duración non superior a 3 minutos si é posible). Non se trata de poñer moita información sinón de intentar explicar os conceptos para que os comprendan os teus compañeiros de clase.


 Caracterízase porque os usuarios poden acceder desdedispositivos electrónicos a datos sobre a ubicación de empresas, institucións, sitios... Emprégase para coñecer a ubicación de modo automático, é dicir, a localización dun obxeto nun sistema de coordenadas deteriminado. Este  proceso require dun dispositivo dotado de GPS xunto con un sistema cartográfica de mapas. Os usuarios soen empregar esta tecnoloxía para planificar percorridos, obter información do lugar onde se encontran ao coompartir a súa posición xeográfica, en tempo real, a través de redes sociais.
A realidade aumentada engade información virtual á realidade. Existen diversas aplicacións de realidade aumentada; un dos exemplos máis populares é a Layar. Esta aplicación emprega o localizador GPS e a brúxula do teléfono móbil para ubicar a posición do usuario e a súa orientación. A pantalla do teléfono mostra o que a cámara capta e, sobre esta imaxe do entorno, superpón en tempo real, información relativa ao que hai diante do usuario: a parada do autobús máis cercana, restaurantes, tendas, caixeiros, información sobre monumentos, etc.
 As licenzas de Creative Commons (CC) son licenzas de dereitos de autor que permiten aos autores e autoras establecer os criterios de distribución das súas obras, de maneira que poidan escoller os dereitos de uso que lles dan á súa obra establecer así baixo que condicións a comparten co público.
 Macrodatos e intelixencia de datos son alternativas en español á voz inglesa big data, que se emprega no sector das tecnoloxías da información e da comunicación para aludir a un conxunto de datos que, polo seu volume e variedade e pola velocidade á que necesitan ser procesados, supera as capacidades dos sistemas informáticos habituais.

O termo macrodatos é unha alternativa válida pois achega, como big, o significado de, grande; é unha solución breve e non ten, como ocorrería con megadatos, un posible risco de confusión co termo mega, moi frecuente tamén nos mesmos ámbitos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario