xoves, 24 de setembro de 2015

A miña música preferida


Non teño un grupo ou cantante en especial que me marabille e fascine, máis ben teño varios cos que deleitarme. Gústame Bon Jovi, especialmente Itś my life.
Tamén disfruto con Coldplay en concreto coa súa canción Viva la vida;
ou con Izal,
Lori Meyers
e sobre todo Vetusta Morla.
Vetusta é un grupo que canta distintos xéneros nos que se atopa o pop, rock e indie. está composto por Pucho, David o Indo,Álvaro Baglietto, Jorge González, Guillermo Galván e Juan Manuel Latorre.


É orixinaria do 1998 e comezou chamándose Tres Cantos. No 2008 publicaron o seu primeiro álbum ao que nomearon Un día en el mundo que foi moi ben recibido tanto polo público como pola crítica especializada. Deste disco eu adoro Al respirar e Sálvese quien pueda, esta última é unha das miñas preferidas deste magnífico grupo. Síntome identificada con ela e transmíteme moita forza e emocións.Aquí déixovos un enlace desta fabulosa canción.https://www.youtube.com/watch?v=N1uTrIJCAOU