xoves, 26 de novembro de 2015

ACTIVIDADE6. Impresora 3D.

ACTIVIDADE6.
Impresora 3D.

  • Buscando a información na rede redacta aproximadamente 25 liñas explicando o seu principio de funcionamento, tipos e aplicacións. 
  • Engade un vídeo da rede (duración non superior a 3 minutos si é posible).  
 Unha impresora 3D o que realmente fai é producir un deseño 3D creado co computador nun modelo 3D físico. É dicir, se deseñamos no noso computador por exemplo unha simple cunca de café (por medio de calquera programa CAD-  Deseño Asistido por Computador) poderemos imprimila na realidade por medio da impresora 3D e obter un produto físico que sería a propia cunca de café.

   Polo xeral, os materiais que se utilizan para fabricar os obxectos poden ser metais, nylon, e como uns 100 tipos de materiais diferentes.

   Unha impresora 3D é algo máxico, é coma se puidésemos por fin crear obxectos "da nada". Obxectos tan sinxelos como unha cunca de café a obxectos moito máis complicados e incribles como partes dun avión ou mesmo órganos humanos utilizando as propias células dunha persoa.

   As impresoras 3D utilizan múltiples tecnoloxías de fabricación e tentaremos explicar de forma sinxela como funcionan.

   As impresoras 3D o que fan é crear un obxecto coas súas 3 dimensións e isto conségueo construíndo capas sucesivamente ata conseguir o obxecto desexado.


Primeiro debuxamos nós mesmos nun papel o obxecto que queremos imprimir nas súas 3 dimensións, despois, cun programa de CAD deseñamos ese obxecto no noso computador, e por último separamos ese obxecto en capas para ir imprimindo capa por capa na impresora de 3 dimensións. É dicir, dun bosquexo en papel podemos conseguir un obxecto na realidade co material adecuado.

Actualmente existen dous tipos de impresoras 3D que son as seguintes:

  - Impresoras 3D de Adición: nas que se vai engadindo o material para imprimir por capas (tamén se chaman "de inxección de polímeros")

  - Impresoras 3D de Compactación: nestas, unha masa de po compáctase por estratos (capas) e dentro deste método clasifícanse en 2 tipos: as que utilizan Tinta ou as que utilizan Láser. As primeiras utilizan unha tinta que aglomera o po para que sexa compacto e esa tinta pode ser de diferentes cores para a impresión en diferentes cores. As segundas utilizan un láser que lle dá enerxía ao po facendo que este po se polimerice e logo mergúllase nun líquido que fai que se solidifique.



VÍDEO

Ningún comentario:

Publicar un comentario