xoves, 10 de decembro de 2015

ACTIVIDADE 10

Os conceptos están definidos nas páxinas 51 e 53 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:

1.Navegadores GPS. Busca unha imaxe na rede.
O GPS (Global Posionating System)é un sistema que permite determinar a posición dun obxeto ou dunha persoa, en calquera lugar do planeta, con unha precisión de poucos metros ou, incluso, centrímetros.
A tecnoloxía GPS está basada na utilización de 24 satélites cuxas órbitas están sincronizadas para cubrir toda a superficie terrestre.
Os navegadores GPS dispoñen dun receptor GPS capaz de recibir os sinais dos satélites. Unha vez que o receptor ten o sinal de catro satélites, ao menos, o navegador é capaz de determinar cal é a súa posición por triangulación.
Os navegadores dispoñen de cartografía e software específico para situar as coordenadas do GPS sobre o mapa, analiza as posibles rutas para chegar a un destino concreto e planifica a que se considere a máis adecuada segundo os criterios que o usuario especifique. Ditos navegadores poden estar integrados, en veculos e teléfonos intelixentes, ou  ben como dispositivos independentes, sendo algúns dos medelos máis estendidos Navman e TomTom Navigator. 


2.Google Glass. Busca unha imaxe na rede.
Google Glass  son unhas gafas de alta tecnoloxía, desenvoltas por Google, que funcionan como asistente virtual empregando realidade aumentada. Conectan ao usuario co seu teléfono intelixente a través da voz e a imaxe móstrase nunha pequena pantalla incorporada. Esta pantalla está conectada a unha cámara, a un micrófono e a un altavoz. Mediante unha conexión WiFi e Bluetooth, as gafas poden comunicarse con outros dispositivos e aplicacións de Internet.
Empregan unha versión reducida do sistema Android. Algunhas das súas aplicacións son tomar fotos, grabar vídeos, navegar por Internet e usar a maioría de aplicacións de Google.




3.Smart Watch. Busca unha imaxe na rede. 
Un reloxo intelixente (SmartWatch) é un reloxo de pulseira que integra funcións similares ás dun teléfono intelixente ou un ordenador portátil. Utiliza a tecnoloxía WiFi, Bluetooth ou conexión móbil para conectarse a Internet e inetcambiar información con outros dispositivos.
Estes dispositivos poden incluir características como un acelerómero, altímetro, barómetro, brúxula, cronógrafo, equipo de buceo, calculadora, teléfono móbil, GPS, pantallas gráfica, altavoz, axenda, etc.
Por outro lado, estes reloxos inclúen o seu propio sistema de  aplicacións, que soen estar relacionadas coa saúde e o deporte, a productividade, os contidos multimedia, os xogos o acceso a redes sociais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario